Análise das enquisas sobre reciclaxe.

Os alumnos de 6º realizaron unha enquisa sobre a separaciónde lixo no fogar, e despois de facer un reconto dos datos e elaborar as gráficas correspondentes, fixeron por grupos unha análise dos resultados e sacaron conclusións moi interesantes. Aquí tedes o vídeo:

Traballando na horta.

Os alumnos de 6º estiveron traballando na súa parcela da horta escolar. Mentras un grupo preparaba a terra, o outro sacaba os feixóns das vainas para poder plantalos. Logo regaron e aproveitaron para remover e comprobar a humidade do compost que levamos facendo dende o mes de xaneiro. Cremos que pronto estará listo para botalo á terra. Para os nenos está sendo unha experiencia moi positiva a de ver como os restos de comida se convirten en abono que axudará a crear novos alimentos.

Premede na imaxe para velos:

P1040769