Noraboa!!!!!!!!!!!!!

Levamos dende novembro traballando no proxecto “Recíclate con Sogama”. Durante este tempo, aprendimos cousas novas, como a facer compost ou que algúns obxectos de plástico non van a o contedor amarelo, organizamos a recollida de lixo de todo o centro, fixemos manualidades de todo tipo con materiais de refugallo, tentamos explicar aos máis pequenos como se separa axeitadamente… e por fin, o noso traballo deu o seu froito. Despois de 6 meses de competición con centros de toda Galicia…

gañamos o 2º premio do proxecto!!

Os alumnos do 3º ciclo fixeron un estupendo traballo, pero non queremos olvidar ao resto da comunidade educativa, os demáis cursos que fixeron actividades, as familias que axudaron a xuntar materiais de refugallo e participaron nas enquisas e todos os profesores que dun xeito ou outro colaboraron neste proxecto. Moitas grazas a todos e noraboa aos alumnos de 5º e 6º.

Concurso de decoración de peóns

Como sabedes, estamos a levar a cabo no colexio o proxecto “Recíclate con Sogama”. O tema da reciclaxe non é novo para nós, xa que levamos moitos anos coa recollida selectiva e outras actividades relacionadas. Pero este ano, imos tentar que a maioría das actividades teñan ese compoñente ecolóxico tan necesario para o medio ambiente, ademais de involucrar a toda a comunidade educativa. Con motivo da celebración do “Día do peón”, organizouse un concurso de decoración de peóns e os alumnos de 6º decidiron traer á clase materiais de refugallo para adornar os seus. Así, como podedes ver nas fotos, axudan a reducir a cantidade de lixo que vai aos colectores e ademais dan un novo uso a eses materiais. Mirade como van quedando e mañá o resultado final.

Materiais de refugallo

Materiais de refugallo

Bolsas de papel, envases de iogur e landras

Bolsas de papel, envases de iogur e landras

Tapóns e retais

Tapóns e retais

Cartóns e revistas

Cartóns e revistas

P1030121P1030120P1030119P1030118

P1030117P1030115P1030114P1030113

P1030112P1030111P1030110P1030109