Kahoot Ciencias da Natureza 5º.

Noraboa a todos os que participastes no xogo “kahoot” que vos propuxen onte para repasar os temas 3 e 4 de ciencias. O xogo resultou ser todo un éxito e houbo unha participación total!!! 23 participantes!!! Alégrome moito, se vos gusta prepararei máis.

É unha pena que algún de vos, no “nickname” puxo o código, e así non podo saber quen sodes. Se entrades hoxe no enlace, poderedes ver o podio cos tres mellores participantes.

Os resultados foron moi bos en xeral, xa sabedes cada un a puntuación que acadastes, pero as respostas correctas están por enriba do 70 %, un resultado moi bo.

Iremos mellorando o uso desta aplicación para que poidades enviar os vosos comentarios ao rematar o xogo e crear informes de resultados.

Ciencias da Natureza 5º. Xogo de preguntas tema 4.

Ola a todos/as. O traballo que vos deixei o luns era para facer tamén hoxe, pero por si acaso xa rematastes e queredes repasar dunha forma máis divertida, aquí tedes un xogo de “respostas e preguntas” feito especialmente para vós. Chámase “jeopardy” e a súa característica máis importante é que o que vedes é a “resposta” e o que tedes que adiviñar é cal é a pregunta que se fai para obter esa resposta. por exemplo, se vedes “7 días” a solución é a pregunta “cantos días ten unha semana?” Este é un exemplo calquera para que o entendades, pero o voso xogo vai de estruturas e máquinas. As vosas “respostas” deben ser: “Que é…?” ou “pon un exemplo de…”

Pensade a resposta e cando a teñades, premede a barra espaciadora para ver a solución. Non tedes que escribir nada. Para cambiar de pregunta, premede “esc”.

Veña, animádevos a probar. Cando entredes, ides atopar a opción de xogar por grupos, pero dende a casa non se pode. Facede clic e marcade a opción “no teams” e logo “start”. En cada recadro vedes o que vale cada resposta correcta. Apuntádeo e compartide con todos a vosa puntuación nos comentarios!!! Así é máis divertido. Escribide o voso nome e puntuación. Premede na imaxe para xogar:

jeop

E lembrade que nos comentarios tamén podedes escribir calquera dúbida ou problema que vos xurda e tentarei solucionalo.