Ciencias da Natureza 5º. Traballo para o mércores 25 de marzo.

Seguimos rematando o tema 4, con máis exercicios do libro. Hoxe debedes facer:

Páxina 121, exercicios 39, 41 e 42.

De xeito opcional e se tedes a man todos os materiais, tamén podedes intentar o taller de ciencias da páxina 116: constrúe unha catapulta paso a paso. Lede ben os materiais que precisades, os pasos a seguir e pensade que o que ides facer é un tipo de panca, así que fixádevos ben onde están a carga, a forza e o punto de apoio.

luigis-catapult1

Se conseguides facelo e podedes mandar unha foto ao meu correo, publicareinas aquí para que todos podamos ver os vosos traballos.

Ciencias da Natureza 6º . A nutrición.

Os alumnos de 6º fixeron estes estupendos traballos sobre os distintos aparatos que interveñen na función de nutrición. Quedáronlles moi ben e pasárono xenial traballando en grupo e comprobando o ben que o lembraban todo.