Ciencias da Natureza 5º. Traballo para o luns 30 de marzo.

Ola a todos! Que tal a fin de semana? Comezamos repasando ciencias cun xogo en liña. Prepareivos unhas preguntas de repaso dos temas deste trimestre, a enerxía e as máquinas. Para entrar no xogo, debedes premer o enlace que vos deixo:

https://kahoot.it/challenge/0228131?challenge-id=68717609-cb47-4480-8209-888db2e0b0a9_1585498987493

e escribir o código: 0228131     nickkahootaquí, na parte de abaixo da páxina

Tamén teredes que escribir un “nickname” que será o voso nome e apelido para que eu poida seguir os vosos resultados.

Como esta é a primeira vez que xogades, o xogo estará aberto ata as 20:00 horas de hoxe, e ademais, no puxen límite de tempo para que vos familiaricedes coa mecánica do xogo. Espero que todos participedes e o desfrutedes moito para que podamos facelo máis veces. E así darlle un pouco máis de dificultade e emoción.

O martes contareivos como foi a experiencia. Ánimo!