Ciencias da natureza 5º. As plantas

O pase de diapositivas require JavaScript.

Tendo árbores como esta tan cerca, decidimos seguir o proceso de reproducción dende o momento de floración ata a formación do froito e a semente. O primeiro paso é analizar na propia flor as súas partes. Os alumnos puideron ver e tocar os estames e o pistilo da flor, e incluso viron abellas facendo o seu importantísimo traballo de polinización.

Seguiremos visitando esta cereixeira para ver como se crea e medra o froito e, se hai sorte, poderemos probalo!