Gadis. Programa “alimentes”.

Os alumnos de sexto participaron no programa “alimentes” de Gadis como parte dos contidos de ciencias da natureza relacionados coa saúde. O programa amosa a cadea dos alimentos dende que saen do mar ou a terra ata que chegan aos nosos fogares. Por estar entre os primeiros grupos en rematar as actividades, Gadis obsequiounos co “plato alimentes”, unha evolución da pirámide alimentaria que amosa as cantidades de nutrintes que debe conter unha comida variada e equilibrada.

Día do libro, 5º E.P.

Para conmemorar o día do libro os alumnos/as de 5º E.P. realizaron un marcapáxinas sobre o seu libro favorito.

Fixeron un debuxo e redactaron un texto de opinión e/ou recomendación sobre o mesmo. O resultado podedes velo nas seguintes fotografías. Parabéns para todos/as!!!