DONAS DE SI. Rocío López Núñez

Hoxe recibimos a visita da escritora Rocío López Núñez, autora de ” Ladrona de vidas”ou ” Nunca fuimos buenos”, entre outros títulos.

A escritora mantivo unha charla distendida cos alumnos que aproveitaron para preguntarlle polos seus comezos no mundo literario, os seus libros favoritos, o seu modelo a seguir e moitas más questións polas que mostraban interese.

Rocío faloulles tamén do importante que é loitar polos nosos soños xa que, pasiño a pasiño e traballando polo que queremos, todo se pode conseguir.

Moitas grazas Rocío!!

 

Advertisements

DONAS DE SI. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

MUJER CIENCIA

O 11 de febrero celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. Os alumnos de 6º coñecen hoxe a unha das primeiras mulleres científicas da historia: Hipatia de Alejandría.

Nacida no siglo IV , foi filósofa, matemática e astrónoma nunha época na que a muller non tiña acceso á cultura. Realizou importantes contribucións á ciencia nos campos das matemáticas e da astronomía e entre as súas aportacións podemos destacar a mellora do astrolabio ademais da confección dun planisferio celeste, e un hidroscopio para pesar os líquidos.

20190214_094716

Aventura Pirata!!!

 

 

 

This slideshow requires JavaScript.

A aventura xa empezou. Os grumetes de 5º teñen que realizar distintas probas para ganar doblóns, esta semana estiveron a realizar unha proba de comprensión lectora: “Atrapa o gazapo”. Con esta proba obtiveron algo moi especial, un compás que empregarán para resolver o reto da vindeira semana. Para resolver esta proba empregamos unha dinámica de traballo cooperativo, 1, 2, 4…

Traballaron estupendamente, de xeito individual, en parellas e en grupo. Aquí vos deixo as imáxenes. Parabéns!!!

DONAS DE SI

Aquí temos o resultado da investigación realizada polos alumnos de 6°, sobre algunhas das mulleres galegas que fixeron e fan historia, ademais de ser un referente en campos como a cultura, a ciencia ou o deporte.

Mulleres destacadas como:

A novelista EMILIA PARDO BAZÁN.

A periodista e pioneira do feminismo CONCEPCIÓN ARENAL. 

A gran matemática MARÍA WONENBURGER

A primeira astrónoma galega ANTONIA FERRÍN MOREIRAS

A pintora MARUJA MALLO

E no mundo do deporte:

A xogadora de balonmán BEGOÑA FERNÁNDEZ, a futbolista VERÓNICA BOQUETE,  en hockey a xogadora CRISTINA FERNÁNDEZ, a regatista TÁMARA ECHEGOYEN e a primeira futbolista española IRENE GONZÁLEZ BASANTA.