Bo día a todos/as, empezamos a última semana do curso!!!!!!
Xa recibín o primeiro reto. Os vosos compañeiros/as Candela, Fran e mais Sergio propoñen o seguinte reto:
Quen será capaz de percorrer a súa casa cun ovo nun garfo?
Ánimo, enviádeme os vosos vídeos!!!!!
Matemáticas: Exercicios de repaso de números enteiros, sumar e restar números enteiros, e unidades de medida en Snappet. Lembrade a teoría de signos na unidade 7 do voso libro. Estes exercicios son para toda a semana.
Relixión: Rematar o traballo sobre os Sacramentos.
Lingua Galega: Exercicio de comprensión lectora en Snappet.
Ciencias Sociais: Este traballo será o último desta semana e deste curso, tanto para sociais como para naturais. O traballo consiste en facer un traballo sobre Sarria, para enviar ao correo ata o xoves. Podedes facer un traballo escrito, como un folleto ou un collage… ou ben un traballo composto de fotos. Debe incluir o seguinte:
- Espazos verdes para realizar rutas de sendeirismo ou ben dar paseos pola natureza.
- Monumentos importantes a visitar.
- Lugares que proporcionan servizos aos turistas, como por exemplo, onde comprar podutos de primeira necesidade, onde facer curas, onde atopar información sobre a vila, aloxamento…
- Que festas ou eventos da nosa vila son os máis interesantes para os turistas, como por exemplo, a celebración das festas de San Xoan, Feira de San Lázaro…
- A que sectores económicos benerficia o turismo? Explícao brevemente. (Podes consultar a unidade 5 do teu libro)