Noraboa!!!!!!!!!!!!!

Levamos dende novembro traballando no proxecto “Recíclate con Sogama”. Durante este tempo, aprendimos cousas novas, como a facer compost ou que algúns obxectos de plástico non van a o contedor amarelo, organizamos a recollida de lixo de todo o centro, fixemos manualidades de todo tipo con materiais de refugallo, tentamos explicar aos máis pequenos como se separa axeitadamente… e por fin, o noso traballo deu o seu froito. Despois de 6 meses de competición con centros de toda Galicia…

gañamos o 2º premio do proxecto!!

Os alumnos do 3º ciclo fixeron un estupendo traballo, pero non queremos olvidar ao resto da comunidade educativa, os demáis cursos que fixeron actividades, as familias que axudaron a xuntar materiais de refugallo e participaron nas enquisas e todos os profesores que dun xeito ou outro colaboraron neste proxecto. Moitas grazas a todos e noraboa aos alumnos de 5º e 6º.

Advertisements

Traballando na horta.

Os alumnos de 6º estiveron traballando na súa parcela da horta escolar. Mentras un grupo preparaba a terra, o outro sacaba os feixóns das vainas para poder plantalos. Logo regaron e aproveitaron para remover e comprobar a humidade do compost que levamos facendo dende o mes de xaneiro. Cremos que pronto estará listo para botalo á terra. Para os nenos está sendo unha experiencia moi positiva a de ver como os restos de comida se convirten en abono que axudará a crear novos alimentos.

Premede na imaxe para velos:

P1040769

22 de marzo. Día da Terra.

tres erres

Os alumnos do 3º ciclo celebramos o día da Terra todos os días coidando o medio ambiente e practicando as tres “rrr”, pero hoxe é un día especial. Por iso, esta semana faremos unha enquisa no colexio e na rúa sobre os hábitos ecolóxicos da nosa vila. Queremos saber se os nosos veciños separan o lixo nos seus fogares, como o fan, e tamén o grao de coñecemento e implicación que teñen para poder axudalos no que poidamos. Pronto vos amosaremos os resultados.