Art 5. Kinetic art.

Os alumnos de quinto veñen de rematar estas creacións de arte en movemento, que podedes ver nos corredores do colexio. Para aprecialas ben, movédevos aos lados do debuxo e veredes como cambia a imaxe. Con este traballo, ademais, ampliaron o seu vocabulario sobre palabras antónimas e utilizaron as cores complementarias. Aquí tedes un vídeo co resultado final.

Advertisements

Art 5. One point perspective.

Os alumnos de quinto amosaron ter unhas magníficas dotes para entender a perspectiva, e ademais pasárono en grande creando estas galerías de arte coas súas propias creacións. Incluso aparencen eles mesmos observando as súas obras! Foi un traballo moi completo no que aprenderon unha nova técnica, lembraron traballos anteriores, melloraron a aplicación de cor, foron creativos e puideron apreciar a sensacion de profundidade na colocación da súa fotografía. Non deixedes de velas, merecen a pena. Están expostas na escaleira interior.

This slideshow requires JavaScript.

 

Ultreia, bo camiño.

This slideshow requires JavaScript.

Hoxe os alumnos de 5º tiveron unha clase de Plástica moi especial, xa que acudiron ao antigo cárcere de Sarria a visitar a exposición “Ultreia, Bo Camiño”, formada por obras de artistas galegos que plasmaron nas súas creacións a súa visión do Camiño de Santiago. O mellor foi que tivemos o privilexio de que a nosa guía fose unha das artistas que expoñen, que ademáis é profesora no noso centro. Violeta Bernardo acompañou aos alumnos no percorrido pola exposición explicándolles as diferentes técnicas utilizadas e a intención do artista ao realizar a súa obra. Os alumnos estiveron moi atentos e interesados, e moito máis cando chegou o momento de ver a instalación exposta por Violeta, xa que non todo o mundo ten a sorte de que a propia creadora poida contar todos os detalles da súa obra, dende os materiais utilizados e as técnicas ata a súa intención e visión persoal. Foi un privilexio para nós e unha oportunidade de coñecer a grandes artistas galegos e sarrianos, mellorar a nosa sensibilidade artística e de abrir a nosa mente ao mundo da arte contemporánea. Moitas grazas, Violeta!

Nacementos

Os nenos de 5º están feitos uns artistas, fixádevos que nacementos fixeron!!!