Despedida 5º curso 19-20. Teresa.

Buenos días. Termina el curso y me da mucha pena tener que despedirme de vosotros así, pero pronto vendrán tiempos mejores y volveremos a vernos todos juntos. Quiero daros las gracias por vuestro esfuerzo y responsabilidad durante estos meses, en los que muchas veces no fue fácil seguir trabajando, podéis estar muy orgullosos.
Espero volver a daros clase el curso que viene y que entre todos podamos recuperar estos meses perdidos. Nos vemos pronto.

happy-summer-holidays-yellow-scrap-for-orkut

Ciencias da natureza 5º. Traballo para o luns 15 de xuño.

Bo día, Que tal a fin de semana? Espero que moi ben. Afrontamos a última semana do curso dando un repaso xeral a todo o  que traballamos na aula e no blogue.

Imos facer actividades curtas, lúdicas e de autocorrección. Fixádevos, antes de empezar cada actividade, en se tedes un tempo e intentos limitados. Podedes preguntarme no correo calquera cousa que necesitedes.

Repaso curso ciencias da natureza.

O corpo humano:

1, 2, 3, 4, 5, 6

A materia e os materiais:

1, 2, 3, 4, 5

Ciencias da natureza 5º. Traballo para o mércores 10 de xuño.

Bo día, o voso taboleiro está cheo de slogans fantásticos, é unha pena que algún non puxese o seu nome, merece a pena saber de quen son, porque son todos moi bos.

Para repasar o tema 4, “estruturas e máquinas“, gustaríame que volverades ler a teoría do voso libro nas páxinas 108 a 115 e os esquemas da vosa libreta. E para levalo á práctica, podedes buscar por casa todas as máquinas simples e compostas que atopedes e enviar unha foto cunha pequena explicación: dicir se é unha máquina simple ou composta, se é simple, como se chama e cales son as suas partes, e se é composta, cales son os seus operadores mecánicos. Podedes buscar en calquera parte da casa, e enviar polo menos dúas fotos: unha dunha máquina simple e outra dunha máquina composta, explicando todo o que saibades sobre elas. Podedes facer este traballo ata o venres.

Ciencias da natureza 5º. Traballo para o luns 8 de xuño.

Bo días, espero que pasarades unha boa fin de semana.

Hoxe seguimos rematando o repaso do tema 3, “a enerxía”. Nas páxinas 98 e 99 do voso libro de texto tedes información sobre medidas de aforro enerxético. Lede as dúas páxinas e facede os exercicios da páxina 99. o 14, 16 e 17 podedes facelos na libreta e enviar foto ao meu correo.

E o exercicio 15 ímolo facer entre todos. Se facedes clic na imaxe, accederedes a un tabolerio no que poderedes escribir.Para entrar, necesitades o contrasinal que vos chegou hoxe coas tarefas por “abalar”. Facede clic en calquera parte do taboleiro e abrirase un cadro no que escribiredes o voso nome e o voso slogan. así poderemos velos todos xuntos.
environEsta ferramenta é moi fácil de usar, pero se tedes calquera dúbida ou problema, escribídeme ao correo.

Ciencias da natureza 5º. Traballo para o luns 1 de xuño.

Bo día, que tal a fin de semana? Espero que moi ben.

Hoxe imos facer un repaso do tema 3, “a enerxía”. Para lembrar os contidos, podedes repasar no voso libro das páxinas 90 á 94 e tamén tedes esquemas na vosa libreta.

Despois, podedes entrar nos seguintes enlaces, onde atoparedes mais información e actividades. Lembrade preguntar por correo as dúbidas que vos xurdan:

Tipos de enerxía

Enerxías renovables

Enerxías renovables 2

O petróleo

O gas natural

Enerxía nuclear

Fontes de enerxía

renovable ou non renovable?

Consecuencias do uso da enerxía

repaso 1, 2, 3, 4, 5,

Ciencias da Natureza 5º. Traballo para o mércores 27 de maio.

Bo día, hoxe, para seguir repasando o tema 2, “a materia e os materiais” podedes facer as actividades da páxina 80 do voso libro. Lede o enunciado, buscade obxectos de distintos materiais que atopedes por casa e cubride a táboa. Tamén podedes comprobar as propiedades de distintos materiais no exercicio 2. Facede as actividades na vosa libreta, lembrando as pautas de presentación, e enviádeas ao meu correo ata o venres 29.