Matemáticas en tu vida!!!!!

Habéis encontrado muchos ángulos en vuestra casa y fuera de ella, pero…¿ sabéis qué tipo de ángulos son???

O pase de diapositivas require JavaScript.

Mates, Lengua Gallega y Ciencias Sociales 6º E.P. 17 de mayo

Buenos días!!!! Veo que muchos estáis acabando las tareas, mucho mejor!!!!

¿ Cómo van esos retos? Apenas me habéis enviado nada, sólo unos pocos se han atrevido!!! Y el resto, no se anima??? Y los que los han propuesto…? Yo me sumo a los retos y voy a intentarlos todos, ¿Y vosostros/as?

Este es el reto para hoy.

 

Matemáticas: Acabar los ejercicios de Snappet, podéis hacer el refuerzo. Cómo vais con las formas geométricas? Apenas me habéis enviado… Seguro que hay muchas!!!

Ciencias Sociales: Acabar el trabajo sobre Sarria. En los trabajos que me estáis enviando, la parte relativa a los sectores no la estáis realizando correctamente. Hay tres sectores económicos; primario, secundario y terciario/servicios. Cada actividad se incluye en uno de ellos, por ejemplo; la agricultura pertenece al sector primario que se encarga de obtener materias primas de la naturaleza sin sufrir ningún tipo de transformación. Revisad vuestro libro.

Lengua Gallega: Os propongo una última tarea, escribir una despedida para vuestros compañeros/as de curso, en gallego. Extensión mínima 10 líneas, sed creativos, podéis incluir dibujos, podéis poner un mensaje en clave, un jeroglífico, lo que queráis… Presentadla adecuadamente y cuidad la expresión y la ortografía. Enviádmelas y así las podéis ver todos/as.

                                                                           

E.F., Mates e Ciencias da Natureza, 6º E.P. 16 de xuño

Bo día a todos/as, temos un novo reto, Noa, Claudia, Celia, Alejandra e Julieta propoñen o seguinte reto. Mirade o vídeo!!!

Educación Física: Realiza o reto e envíao ao correo da túa mestra, efasuncionsarria@gmail.com

Escapa del cole

Matemáticas: Continúa o traballo de Snappet e si o remataches, disfruta do teu tempo.

Último reto matemático: Busca formas xeométricas na túa casa e fóra dela.

Ciencias da Natureza: Continúa o traballo sobre Sarria.

 

Mates, Relixión, Lingua Galega e Ciencias Sociais 6º EP, 15 de maio

Bo día a todos/as, empezamos a última semana do curso!!!!!!

Xa recibín o primeiro reto. Os vosos compañeiros/as Candela, Fran  e mais Sergio propoñen o seguinte reto:

Quen será capaz de percorrer a súa casa cun ovo nun garfo?

Ánimo, enviádeme os vosos vídeos!!!!!

Matemáticas: Exercicios de repaso de números enteiros, sumar e restar números enteiros, e unidades de medida en Snappet. Lembrade a teoría de signos na unidade 7 do voso libro. Estes exercicios son para toda a semana.

Relixión: Rematar o traballo sobre os Sacramentos.

Lingua Galega: Exercicio de comprensión lectora en Snappet.

Ciencias Sociais: Este traballo será o último desta semana e deste curso, tanto para sociais como para naturais. O traballo consiste en facer un traballo sobre Sarria, para enviar ao correo ata o xoves. Podedes facer un traballo escrito, como un folleto ou un collage… ou ben un traballo composto de fotos. Debe incluir o seguinte:

  • Espazos verdes para realizar rutas de sendeirismo ou ben dar paseos pola natureza.
  • Monumentos importantes a visitar.
  • Lugares que proporcionan servizos aos turistas, como por exemplo, onde comprar podutos de primeira necesidade, onde facer curas, onde atopar información sobre a vila, aloxamento…
  • Que festas ou eventos da nosa vila son os máis interesantes para os turistas, como por exemplo, a celebración das festas de San Xoan, Feira de San Lázaro…
  • A que sectores económicos benerficia o turismo? Explícao brevemente. (Podes consultar a unidade 5 do teu libro)

 

 

Mates, Lingua Galega e Ciencias da Natureza 6º E.P. 12 de xuño

Bo día a todos/as, rematamos a semana e case o curso!!!!!!!!

Queridas ESTRELAS, estiven vendo o ranking e sodes moitas no firmamento, pero aínda queda algo por conseguir… O reto final!!!! Todos podedes participar nel, os que xa tedes estrelas e os que non as tedes. É moi sinxelo e divertido. Tedes que buscar grupo (máximo 6 persoas) e tedes que propoñer vós un reto para que o fagan os vosos compañeiros/as a vindeira semana. Por exemplo, canto tempo eres capaz de manter o equilibrio sobre unha soa perna e dando saltos???

Preparades o reto, enviádesmo ao correo para que o publique no blogue e a intentalo!!! Os participantes deben enviar fotos ou algo similar para xustificar que o fixeron. Ánimo, e que sexan divertidos!!!!

Educación Física: Lembrade realizar o reto e envialo a efasuncionsarria@gmail.com

Día de la bici

Matemáticas: Imos repasar os números enteiros. Tedes en Snappet exercicios de repaso.

Que tal si buscades durante a fin de semana ángulos na rúa??? Ánimo!!!

Lingua Galega: Hoxe tamén imos traballar en Snappet repasando os verbos e os numerais.

Ciencias da Natureza: Como van esas máquinas limpaproblemas??? Tedes tempo nesta materia para rematalas…

Bo finde a todos/as

Mates e Ciencias Sociais 6º E.P. 11 de xuño

Bo día a todos/as, en Matemáticas tedes exercicos de repaso de porcentaxes en Snappet. Tedes un documento con erros máis frecuentes do outro día, para que non os cometades de novo.

Errores matemáticas II

Errores matemáticas

Quen se atreve a buscar  ángulos na casa? Ángulos rectos, obtusos, adyacentes, consecutivos… Enviádeme as vosas fotos ao correo. Ánimo, seguro que hai moitííííísimos!!!

Ciencias Sociais: Hoxe imos faceer un traballo sobre máquinas. Podedes repasar as máquinas simples e algunha composta vendo os vídeos que vos deixo enlazados. Logo tedes que idear unha máquina para resolver un problema medioambietal. Nos traballos que fixéstedes sobre un animal en perigo de extinción había moitos problemas que solucionar, falta de polinizadores, atmosfera contaminada, mares e océanos cheos de plásticos, deforestación e perda de hábitats, caza e pesca abusiva… Tedes que idear unha máquina para combatir algún deses problemas ou o que vós queirades. Debedes debuxala e indicar mediante un ou varios debuxos  como funciona e as súas partes, así como de que material a faríades. Tedes a clase de hoxe de sociais e a de maña de naturais para facelo. Non esquezades enviarme os vosos fantásticos debuxos!!!

A polea

A panca

O plano inclinado

Mates, Lingua Galega e Ciencias Sociais 6º E.P. 10 de xuño

Bo día a todos/as, os exercicios de onte de Snappet tiñan moitos erros, mañá publicarei un documento con eles para que poidades corrixilos en futuros exercicios.

Matemáticas: Imos facer un inciso no repaso para coñecer un pouco máis sobre as matemáticas. Coñecede a historia das matemáticas e resolvede os enigmas que alí aparecen. Visitade o seguinte enlace. Para os que non poidades acceder, déixovos un enlace a un documento donde podedes ler a historia e facer os exercicios na libreta.

Historia das matemáticas

Historia das matemáticas pdf

Lingua Galega: Exercicio en liña de ortografía. Este exercicios debedes facelo na libreta. A actividade proporciónavos a solución. Unha vez feito debedes escoller cinco palabras do mesmo totalmente descoñecidas para vós e enviarmas ao correo. O enlace á actividade atópanse abaixo.

Ocos para encher “b/v”

Ciencias Sociais: Tempo para rematar a actividade interactiva da nutrición e obter o voso diploma!!!

Mates, E.F. e Ciencias Naturais 6º EP 9 de xuño

Educación Física: Realiza o reto que aparece no documento adxunto. Envíallo por correo á túa mestra antes do venres 12 de xuño. efasuncionsarria@gmail.com

Día de la bici

Matemáticas: Seguimos traballando en Snappet, exercicios de repaso de porcentaxes.

Ciencias Naturais: Hoxe en naturais propóñovos un reto, “O enigma da nutrición” Seredes capaces de resolvelo? Enviádeme o código ao meu correo cando rematedes. Esta actividade é un repaso dos contidos relacionados coa nutrición e poida  que vos leve algún tempo, por iso podedes realizala ata o xoves. Os que non poidan acceder ao enlace poden realizar no libro de texto as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 40 “Ponte a proba”

O enigma da nutrición

Ánimo co reto!!!

Mates, Lingua Galega, Relixión e Sociais 6º EP, 8 de xuño

Benvidos a todos/as, espero que tivérades tempo para descansar o fin de semana… Inicamos unha nova semana, con moito ánimo!!!!

Matemáticas: Exercicios en Snappet de escalas. Lede atentamente a teoría para repasar os contidos. Déixovos tamén un vídeo de repaso.

Vídeo repaso escalas.

Reto Matemático: Hoxe toca buscar… NÚMEROS DECIMAIS!!! Seredes capaces de atopalos??

Relixión: Durante as dúas clases que quedan desta materia tedes que facer un traballo sobre os Sacramentos. Neste traballo tedes que elixir un de entre os tres seguintes: Confirmación, Orden Sacerdotal ou Matrimonio. O traballo debe ser un mural que recolla o seu significado, cales son os seus símbolos, quen os recibe e cando se reciben. Déixovos un vídeo para repasar todos os Sacramentos. Tedes ata o martes día 16 para enviarmo ao correo.

Os Sacramentos

Lingua Galega: Déixovos exercicios de repaso de adxectivos en Snappet.

Ciencias Sociais: Tempo para rematar o traballo sobre un animal en perigo de extinción. Xa vos dixen que hoxe celébrase o “Día Mundial dos Océanos”, por iso quero compartir con vós un vídeo sobre a importancia que os mesmos teñen no planeta. Lembrade enviarme o voso traballo ao correo claralopezv@gmail.com

Día Mundial dos Océanos