Letras Galegas 6°E.P

Esta semana adicámola a coñecer un pouco máis á homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano: A escritora Xela Arias.

Os alumnos de 6° fixeron uns magníficos traballos de investigación. Aquí está o resultado.

Gadis. Programa “alimentes”.

Os alumnos de sexto participaron no programa “alimentes” de Gadis como parte dos contidos de ciencias da natureza relacionados coa saúde. O programa amosa a cadea dos alimentos dende que saen do mar ou a terra ata que chegan aos nosos fogares. Por estar entre os primeiros grupos en rematar as actividades, Gadis obsequiounos co “plato alimentes”, unha evolución da pirámide alimentaria que amosa as cantidades de nutrintes que debe conter unha comida variada e equilibrada.