Benvidos!!

Collage 2019-09-11 15_32_26

Advertisements

Remate final!!!!

Rematamos o curso e rematamos tamén a viaxe que emprendimos no segundo trimestre polos mares do Sur. Arribamos en diferentes portos coa tripulación do Cruz do Sur e o pirata Barracuda e por fin chegamos ao noso destino. Os alumnos/as de 5º realizaron unha última actividade relacionada esta vez coa xeografía e acadaron o nivel de “Capitán”. Parabéns!!!!! Velaquí vos deixo o seu traballo e a agarimosa despedida. Un forte abrazo e agárdovos o vindeiro curso con máis aventuras.

remate final

 

 

Todo corazón

Hoxe recibimos no centro a María Varela que veu  contarlle aos nenos de 6°, a súa experiencia como trasplantada de corazón, hai xa case 15 anos.

María falounos do importante que é doar órganos para regalar vida e como podemos facernos doantes ademais de contarnos casos reales que ela coñece. Foi unha charla moi distendida na que os alumnos poideron dar resposta ás súas dúbidas xa que, María a parte de vivilo en primeira persoa, é unha verdadeira erudita na materia e un exemplo de superación.

Moitas grazas María!!!

Collage 2019-06-18 15_29_52

Galicia, auga, literatura e rap

As alumnas de 5°, Noa, Claudia, Alejandra e Celia, ganaron o segundo premio do concurso ” Galicia, auga, literatura e rap” convocado por “La Voz de Galicia e Viaqua”. O venres 14 de xuño recolleron o premio nas instalacións que o xornal ten en Arteixo.           Noraboa!!!!!

 

DONAS DE SI. OBRADOIRO IGUALDADE

Hoxe os nenos de 5° e 6° de E.P, participaron nun obradoiro de prevención e sensibilización sobre a violencia de xénero.

A súa participación foi moi activa e por grupos escenificaron unha escea do conto de ” Brancaneves” cambiando os estereotipos de xénero.

Collage 2019-06-07 12_34_46Collage 2019-06-14 10_48_46