Saída cultural 5º e 6º. Avifauna.

Por fin recuperamos as tan esperadas saídas culturais. Hoxe os alumnos de 5º e 6º puideron visitar as instalacións do parque zoolóxico e ornitolóxico “avifauna”, que realiza unha magnífica labor de educación ambiental amosando aos máis novos unha gran variedade de especies de aves dos cinco continentes, moitas delas en perigo de extinción. Os alumnos recibiron por parte do monitor moita información curiosa en interesante, e puideron ver de preto aves de todos os tamaños, cores e características. Foi unha mañá ao aire libre moi divertida.