Moitas grazas!

Os alumnos e alumnas de 6º EP queren amosar o seu agradecemento a Gadis polo agasallo que recibiron despois de participar o curso pasado nun vídeo baseado nun anuncio desta empresa. Moitas grazas!!!

Cociñando na biblioteca!!!

Para conmemorar o día da biblioteca, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria convertéronse en cociñeiros, pero uns cociñeiros moi especiais…

Seleccionaron coidadosamente os ingredientes, personaxes, lugares, tempo… e botáronos todos nun pucheiro máxico.

Así, os gatos, cabazas, castelos, pócimas, séculos, pantasmas… foron cociñados ó pucheiro e saíron estupendos contos de medo!!!

E todo grazas a un chapeu que hai que poñerse para saber do que é capaz.

Grazas, Gadis

O curso pasado, os alumnos de 5° participaron na elaboración dun vídeo que resumía o difícil curso que tiveron que afrontar, e que a pesar de todo, viviron con moita alegría. Recibimos unha felicitación e un pequeno agasallo de Gadis, xa que o vídeo estaba baseado nunha das súas campañas publicitarias. E hoxe quixemos darlles as grazas estreando as nosas camisetas e lembrándolle ao virus que seguimos sendo más fortes ca el.