Clorofila

Os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, tiñan unha dúbida…

Se a clorofila é a encargada de realizar xunto coa luz a fotosíntese e a responsable da cor verde das plantas, terán clorofila as plantas que son doutra cor?

Para averigualo primeiro reflexionaron na aula sobre estas cuestións, logo fixeron unha investigación, pero finalmente puideron comprobalo a través dun experimento. Mediante unha técnica chamada cromatografía puideron observar os pigmentos que existen en cada unha das especies seleccionadas e confirmar a existencia en ambas de clorofila. Nas imaxes pódese ver como eses pigmentos van aparecendo nunha tira de papel poroso a modo de bandas coloreadas.