Samaín

Esta semana celebramos o Samaín, unha festa tradicional rodeada por unha atmosfera máxica. Os nenos e nenas de 6° trouxeron cabazas decoradas, fixeron Pantasmacontos, vestíronse para a ocasión e realizaron unha actividade de papiroflexia para facer unha tea de araña. Mirade que ben o fixeron!!!

Moitas grazas!

Os alumnos e alumnas de 6º EP queren amosar o seu agradecemento a Gadis polo agasallo que recibiron despois de participar o curso pasado nun vídeo baseado nun anuncio desta empresa. Moitas grazas!!!

Cociñando na biblioteca!!!

Para conmemorar o día da biblioteca, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria convertéronse en cociñeiros, pero uns cociñeiros moi especiais…

Seleccionaron coidadosamente os ingredientes, personaxes, lugares, tempo… e botáronos todos nun pucheiro máxico.

Así, os gatos, cabazas, castelos, pócimas, séculos, pantasmas… foron cociñados ó pucheiro e saíron estupendos contos de medo!!!

E todo grazas a un chapeu que hai que poñerse para saber do que é capaz.

Grazas, Gadis

O curso pasado, os alumnos de 5° participaron na elaboración dun vídeo que resumía o difícil curso que tiveron que afrontar, e que a pesar de todo, viviron con moita alegría. Recibimos unha felicitación e un pequeno agasallo de Gadis, xa que o vídeo estaba baseado nunha das súas campañas publicitarias. E hoxe quixemos darlles as grazas estreando as nosas camisetas e lembrándolle ao virus que seguimos sendo más fortes ca el.

Viaxa con nós!

Empezamos a nos aventura con Extravaganzza, a protagonista do libro que estamos a ler e, como ela, precisamos lentes que nos axuden a descubrir os tesouros que se agochan nas seas páxinas e para mergullarse na lectura…

DOMUND

Celebramos en 5º la semana del Domund con una visita muy especial, nuesta superiora Carmen Morales, que vivió más de treinta años en África trabajando como misionera, es el mejor testimonio que podemos recibir. Nos contó experiencias, nos enseñó fotografías y sobre todo nos dio muy buenos consejos. Muchas gracias, Carmen.