Día de Rosalía

Para conmemorar este día os alumnos de 6 de E.P fixeron un traballo de investigación sobre a vida da escritora e das súas obras máis importantes.

Tamén leron na clase algúns dos seus poemas máis destacados e escoitaron o poema ” Adeus ríos adeus fontes” na voz de Amancio Prada.

“Día de Rosalía”

Para conmemorar este día tan importante na nosa comunidade, os rapaces e rapazas de 5º E.P. leron e ilustraron un poema desta gran escritora galega: “Miña casiña, meu lar”

Déixovos un vídeo onde podedes comprobar o gran traballo que fixeron. Parabéns para todos/as os participantes.