Mates, Relixión, Lingua Galega e Ciencias Sociais 6º EP, 15 de maio

Bo día a todos/as, empezamos a última semana do curso!!!!!!

Xa recibín o primeiro reto. Os vosos compañeiros/as Candela, Fran  e mais Sergio propoñen o seguinte reto:

Quen será capaz de percorrer a súa casa cun ovo nun garfo?

Ánimo, enviádeme os vosos vídeos!!!!!

Matemáticas: Exercicios de repaso de números enteiros, sumar e restar números enteiros, e unidades de medida en Snappet. Lembrade a teoría de signos na unidade 7 do voso libro. Estes exercicios son para toda a semana.

Relixión: Rematar o traballo sobre os Sacramentos.

Lingua Galega: Exercicio de comprensión lectora en Snappet.

Ciencias Sociais: Este traballo será o último desta semana e deste curso, tanto para sociais como para naturais. O traballo consiste en facer un traballo sobre Sarria, para enviar ao correo ata o xoves. Podedes facer un traballo escrito, como un folleto ou un collage… ou ben un traballo composto de fotos. Debe incluir o seguinte:

  • Espazos verdes para realizar rutas de sendeirismo ou ben dar paseos pola natureza.
  • Monumentos importantes a visitar.
  • Lugares que proporcionan servizos aos turistas, como por exemplo, onde comprar podutos de primeira necesidade, onde facer curas, onde atopar información sobre a vila, aloxamento…
  • Que festas ou eventos da nosa vila son os máis interesantes para os turistas, como por exemplo, a celebración das festas de San Xoan, Feira de San Lázaro…
  • A que sectores económicos benerficia o turismo? Explícao brevemente. (Podes consultar a unidade 5 do teu libro)

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s