Mates, Relixión, Lingua Galega e Ciencias Sociais 6º EP, 15 de maio

Bo día a todos/as, empezamos a última semana do curso!!!!!!

Xa recibín o primeiro reto. Os vosos compañeiros/as Candela, Fran  e mais Sergio propoñen o seguinte reto:

Quen será capaz de percorrer a súa casa cun ovo nun garfo?

Ánimo, enviádeme os vosos vídeos!!!!!

Matemáticas: Exercicios de repaso de números enteiros, sumar e restar números enteiros, e unidades de medida en Snappet. Lembrade a teoría de signos na unidade 7 do voso libro. Estes exercicios son para toda a semana.

Relixión: Rematar o traballo sobre os Sacramentos.

Lingua Galega: Exercicio de comprensión lectora en Snappet.

Ciencias Sociais: Este traballo será o último desta semana e deste curso, tanto para sociais como para naturais. O traballo consiste en facer un traballo sobre Sarria, para enviar ao correo ata o xoves. Podedes facer un traballo escrito, como un folleto ou un collage… ou ben un traballo composto de fotos. Debe incluir o seguinte:

  • Espazos verdes para realizar rutas de sendeirismo ou ben dar paseos pola natureza.
  • Monumentos importantes a visitar.
  • Lugares que proporcionan servizos aos turistas, como por exemplo, onde comprar podutos de primeira necesidade, onde facer curas, onde atopar información sobre a vila, aloxamento…
  • Que festas ou eventos da nosa vila son os máis interesantes para os turistas, como por exemplo, a celebración das festas de San Xoan, Feira de San Lázaro…
  • A que sectores económicos benerficia o turismo? Explícao brevemente. (Podes consultar a unidade 5 do teu libro)

 

 

Ciencias da natureza 5º. Traballo para o luns 15 de xuño.

Bo día, Que tal a fin de semana? Espero que moi ben. Afrontamos a última semana do curso dando un repaso xeral a todo o  que traballamos na aula e no blogue.

Imos facer actividades curtas, lúdicas e de autocorrección. Fixádevos, antes de empezar cada actividade, en se tedes un tempo e intentos limitados. Podedes preguntarme no correo calquera cousa que necesitedes.

Repaso curso ciencias da natureza.

O corpo humano:

1, 2, 3, 4, 5, 6

A materia e os materiais:

1, 2, 3, 4, 5