Mates e Ciencias Sociais 6º E.P. 11 de xuño

Bo día a todos/as, en Matemáticas tedes exercicos de repaso de porcentaxes en Snappet. Tedes un documento con erros máis frecuentes do outro día, para que non os cometades de novo.

Errores matemáticas II

Errores matemáticas

Quen se atreve a buscar  ángulos na casa? Ángulos rectos, obtusos, adyacentes, consecutivos… Enviádeme as vosas fotos ao correo. Ánimo, seguro que hai moitííííísimos!!!

Ciencias Sociais: Hoxe imos faceer un traballo sobre máquinas. Podedes repasar as máquinas simples e algunha composta vendo os vídeos que vos deixo enlazados. Logo tedes que idear unha máquina para resolver un problema medioambietal. Nos traballos que fixéstedes sobre un animal en perigo de extinción había moitos problemas que solucionar, falta de polinizadores, atmosfera contaminada, mares e océanos cheos de plásticos, deforestación e perda de hábitats, caza e pesca abusiva… Tedes que idear unha máquina para combatir algún deses problemas ou o que vós queirades. Debedes debuxala e indicar mediante un ou varios debuxos  como funciona e as súas partes, así como de que material a faríades. Tedes a clase de hoxe de sociais e a de maña de naturais para facelo. Non esquezades enviarme os vosos fantásticos debuxos!!!

A polea

A panca

O plano inclinado

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s