Sociais 5º Martes 9 de xuño

O pasado Venres celebrouse o día do Medio Ambiente. Esta é a data máis importante no calendario oficial da Nacións Unidas para fomentar a acción ambiental.

Demde 1974, o 5 de xuño converteuse nunha plataforma global de alcance público que reúne aos gobernos, empresas e cidadáns en torno a un asunto ambiental urxente.

No 2020 o tema é a biodiversidade. Eventos recentes, como os incendios forestáis sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de langostas de África e agora a pandemia do COVID-19, demostran a relación entre os humanos e as redes da vida na que vivimos.

 Déixovos estes vídeos e logo un enlace a un conto. Despóis de ler o conto debedes contestar a unhas preguntas e enviar as respostas ao meu correo.

Lembrade copiar os enunciados.

 

Preme no enlace para acceder ao conto

CONTO CONTAMINACIÓN

 

CONTESTA NA LIBRETA A ESTAS PREGUNTAS SOBRE O CONTO

  1. Que era unha nube gris que había nos coches?
  2. Que lle contou o seu pai acerca da contaminación?
  3. A qué conclusións chegou Luis?.
  4. Que lle preguntou Luis ao seu profesor? Que lle contestou?
  5. Que decisión tomou Luis con respecto a usar o coche para ir ao colexio?
  6. Paréceche adecuada a forma de actuar de Luis?
  7. Como actuarías tí na súa situación?

Mates, E.F. e Ciencias Naturais 6º EP 9 de xuño

Educación Física: Realiza o reto que aparece no documento adxunto. Envíallo por correo á túa mestra antes do venres 12 de xuño. efasuncionsarria@gmail.com

Día de la bici

Matemáticas: Seguimos traballando en Snappet, exercicios de repaso de porcentaxes.

Ciencias Naturais: Hoxe en naturais propóñovos un reto, “O enigma da nutrición” Seredes capaces de resolvelo? Enviádeme o código ao meu correo cando rematedes. Esta actividade é un repaso dos contidos relacionados coa nutrición e poida  que vos leve algún tempo, por iso podedes realizala ata o xoves. Os que non poidan acceder ao enlace poden realizar no libro de texto as actividades 1, 2, 3 e 4 da páxina 40 “Ponte a proba”

O enigma da nutrición

Ánimo co reto!!!