Bo días, espero que pasarades unha boa fin de semana.
Hoxe seguimos rematando o repaso do tema 3, “a enerxía”. Nas páxinas 98 e 99 do voso libro de texto tedes información sobre medidas de aforro enerxético. Lede as dúas páxinas e facede os exercicios da páxina 99. o 14, 16 e 17 podedes facelos na libreta e enviar foto ao meu correo.
E o exercicio 15 ímolo facer entre todos. Se facedes clic na imaxe, accederedes a un tabolerio no que poderedes escribir.Para entrar, necesitades o contrasinal que vos chegou hoxe coas tarefas por “abalar”. Facede clic en calquera parte do taboleiro e abrirase un cadro no que escribiredes o voso nome e o voso slogan. así poderemos velos todos xuntos.
Esta ferramenta é moi fácil de usar, pero se tedes calquera dúbida ou problema, escribídeme ao correo.
non enviaron a contraseña a abalar
Ola, David, tes razón, o contrasinal é natus5