Mates, Música e Ciencias da Natureza 6º EP 26 de maio

Bos días a todos/as, aínda podedes entregar o voso animal imaxinario, os que recibín son estupendos e mañá publicarei todos os que teña. Ánimo!!!

Matemáticas: Hoxe imos facer exercicios de repaso de decimais en Snappet.

Música: O exercicio desta semana é o que se atopa na imaxe inferior. Tedes ata o próximo luns para enviarllo a Berta.

Ciencias da Natureza: Onte estivéstedes lendo o primeiro capítulo dun libro, xa sabedes sobre que tema trata e quen é a protagonista. O traballo de hoxe consiste en realizar un debuxo onde aparezan os diferentes tipos de abellas que viven nunha colmena, indicando a función de cada unha delas. Prestade atención ao debuxo da colmena, xa que no libro descríbense diferentes opcións. Ademais debedes debuxar a paisaxe que se describe no libro e que constitúe o hábitat da abella Poli (medio físico, situación urbana ou rural, presenza de elementos naturais…). Lede con atención todos os detalles do capítulo 1. Enviade os vosos traballos ao meu correo.