Matemáticas e Ciencias Sociais 6º EP, 30 de abril

Bo día a todos/as, hoxe remata esta semana, tedes uns días para descansar e desfrutar en familia de paseos moi merecidos. Non esquezades que o domingo é o Día da Nai!!! Preparade algo en casa para a vosa nai, un poema, unha canción, un baile, calquera tipo de agasallo…Déixovos algunha páxina con ideas.

Día da Nai I

Día da Nai II

Día da Nai III

Día da Nai IV

Matemáticas: Hoxe toca facer exercicios en Snappet. Cometedes erros nas operacións, sobre todo porque non tedes en conta se vos levades algunha. Con relación ao traballo de onte, se tedes dificultades para resolver o segundo problema, anímovos a que tentedes reproducir a escea en familia para decatarvos do diñeiro que perde o xoieiro. Animádevos e xa me ides contando!!!

Ciencias Sociais: Seguimos traballando sobre a poboación. Primeiro tedes que ver un vídeo sobre os tipos de pirámides. Logo, visitade a páxina da pirámide de poboación española, esta pirámide é interactiva e amosa  a súa evolución dende a década dos anos 60 ata o ano 2018. O traballo consiste en comentar como evolucionou a poboación neste tempo. Tede en conta que no eixo vertical aparecen os grupos de idade e no eixo horizontal a escala numérica das barras, que se corresponde coa cantidade de poboación e cada grupo de idade. Comentade os seguintes aspectos:

Natalidade, como era a natalidade na década dos anos 60, 70… e como é agora?

Mortalidade, a que idade morría antes a xente e agora.

Esperanza de vida, cal é a esperanza de vida hoxe en día e cal era na década dos anos 60, 70…?

Grupos de idade, que cantidade de poboación había antes en cada grupo (de 0 a 4 anos, de 5 a 14…ect) e que cantidade hai actualmente?

Lembrade que debedes diferenciar entre homes e mulleres. Non é necesario ir ano tras ano, senón que tedes que comentar a evolución, para iso debedes observar como vai cambiando.Déixovos unha imaxe para que saibades onde premer para ver a evolución da pirámide. Enviádeme os vosos comentarios para corrixilos.

Vídeo poboación

Páxina pirámide de poboación

Vémonos o próximo martes.

Que pasedes un bo fin de semana en familia!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s