Mates, Música e Ciencias da Natureza 6º EP, 21 de abril

Antes de nada comentarvos que o vindeiro xoves 23 é o “Día do Libro”. Para celebralo gustaríame realizar unha actividade, malia que é de xeito voluntario. O que vos propoño é gravar o conto que estades a escribir en lingua galega. Estas serían algunhas opcións:

  • Podedes ilustrar (debuxar) o conto en distintos folios e a través deles narrar o voso conto gravando un vídeo, centrándose sobre todo nos debuxos.
  • Outra posibilidade é gravar un audioconto, como o de “A cociñeira do rei”
  • Podedes empregar sons, distintos tons de voz…

Unha vez gravado e no caso de querer publicalo, tedes que enviarmo ao correo. Animádevos, non hai estrela, pero haberá unha estupenda insignia, intercambiable por ata dúas estrelas!!!

Para aqueles que se animen, deben comunicarmo ao correo e esa será a súa tarefa de lingua para  o mércores. Do mesmo xeito e dado o tempo que vos pode levar, a tarefa de hoxe de matemáticas é para hoxe e mañá.  Tedes ata o mércores ao longo da mañá para entregalo.

As actividades para hoxe son as seguintes.

Matemáticas: Exercicios en Snappet e páxinas en liña para repasar as unidades de medida.

Unidades de medida 1

Unidades de medida 2

Música: Páxina 68 do libro, exercicios 1 e 2. Responder aos apartados a, b, c e d. Páxina 72 obra Fisterra, continuar repasando o solfeo. Estudar coa frauta desde o compás 1 ao 9.

Fisterra

Solucións aos exercicios de música da semana pasada.

Ciencias da Natureza: Ver o vídeo enlazado, ler as páxinas 136 e 137 do libro, “Tolos pola ciencia” e responder ás cuestións da última páxina.

Ignaz Semmelweis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s