Mates, relixión, lingua galega e ciencias sociais 6º EP

Bos días a todos, iniciamos unha nova semana, a última deste trimestre. Este é o traballo para hoxe.

Matemáticas: Imos rematar os contidos relacionados coas unidades de medida de masa. Tedes que facer na libreta os exercicios 3, 9 e 10 da páxina 181 do libro. Tamén tedes unhas páxinas moi interesantes para traballar en liña.

Averigua quen gaña!!

Precio unitario

O cociñeiro

Relixión: Tedes que rematar o mural de Cuaresma e envialo para publicalos. Como tarefa déixovos un “Pasapalabra” coas preguntas daqueles que participaron e algunha máis.  Picade no enlace e enviádeme as vosas respostas por correo. Ollo!!! Non esquezades as maiúsculas e os acentos.

Pasapalabra

Lingua Galega: Hoxe imos avanzar un pouco. No libro tedes na páxina 164 palabras que se escriben con “ll e con i”, dous sons parecidos, pero que é conveniente diferenzar. Lembra que en galego hai moi poucas palabras que leven “y”. Para traballalos tedes en Snappet en “lecciones” exercicios. “Ortografía, palabras con ll e i” e “Ortografía, usos do ll”

Ciencias Sociais: Como xa anticipei a semana pasada, hoxe temos RETO CONTEMPORÁNEO. Estades preparados? Esta actividade é de ESTRELA. Picade no enlace e accederedes a unha páxina onde hai tres actividades para demostrar o que sabedes sobre a Idade Contemporánea. Escribide as respostas na libreta e sacade fotos para envialas ao meu correo. Ánimo, seguro que xa sabedes moito!!! Aquí tedes a estrela que gañaredes.

RETO CONTEMPORÁNEO

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s