Noa López de 6º de E.P. gañou o primeiro premio do certame “Poesía de Nadal”, na categoría de 9 a 11 anos, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co seu poema ” A escala de Nadal” Unha gran escritora!!!
Parabéns, Noa!!!!!
As alumnas de 6° EP, Alejandra, Celia, Claudia e Noa son finalistas no concurso “Galicia, auga, literatura e rap” cun poema de Rosalia de Castro.
Parabéns e ánimo!!!
Mirade que disfraces tan variados e orixinais levaron os nenos e nenas de 6° de primaria. Pasade unas boas vacacións!!!
Que simpáticos están os nenos de 5° coa roupa do revés.
En 5º estamos lendo e ensaiando a obra de teatro “un día en el museo” como parte das actividades de animación á lectura da materia de Lingua Castelá, e hoxe recibimos a visita da autora da obra, que nos acompañou unha hora e contounos moitas cousas da súa traxectoria profesional, como deixou a súa carreira como física para dedicarse á escritura a tempo completo, como é o seu proceso creativo, o seu amor pola lectura antes de empezar a escribir…
Logo adicou un tempo a contestar as preguntas dos alumnos, que tiñan moita curiosidade, sobre todo, por coñecer detalles da personaxe que van interpretar. Tamén falamos de temas que se abordan no texto, como a igualdade, o valor que se da á arte…
Por último, a autora asinou os exemplares a todos, para que, ademais de desfrutar e aprender con este libro, garden un recordo deste día.
Os alumnos de 5° colaboran con Mans Unidas participando no ” Día do bocata solidario ”
Na clase de Relixión, os alumnos de 5° están a realizar traballos de investigación sobre algunhas das personas que máis traballaron para conseguir un mundo mellor. Persoas como Nelson Mandela, Martín Luther King, O Dalai Lama ou Teresa de Calcuta.