Día de todos os Santos

Os alumnos e alumnas de 6º de E.P. fixeron un traballo de investigación sobre distintos Santos, recollendo información da súa vida e das súas virtudes, amosando aquelas cualidades ou aspectos máis importantes e que os converten en persoas dignas da nosa admiración. Santa María Eugenia de Jesús, San Isidro Labrador ou Santa Teresa de Ávila son algunhas das persoas sobre as que recopilaron información.