ASUNTILLOS 2019. ESCAPE ROOM.

O venres 25 de outubro, despois do magosto, 9 alumnas e alumnos de quinto e sexto quedaron no colexio para desfrutar da actividade de “asuntillos”que lles tiñamos preparada. Tratábase dunha sesión de “escape room” dixital, na que tiveron que poñer a proba as súas dotes de observación, análise e traballo en equipo para poder atopar a chave que lles permitía “escapar”. Traballaron en grupos de tres e amosaron una moi boa actitude, ademais de compañeirismo, comunicación, paciencia, perseverancia e traballo en equipo. Na segunda parte da actividade decoraron as cabazas recollidas da horta do colexio con distintos materiais: lá, rotuladores, papel adhesivo… No vídeo podedes ver a divertida tarde que pasamos xuntos. Tamén queremos dar as grazas ás tres monitoras que nos axudaron, as alumnas de terceiro de ESO María Garañana, María Núñez e Blanca, que adicaron unha parte da tarde do venres a acompañar e traballar cos seus compañeiros máis pequenos.