Todo corazón

Hoxe recibimos no centro a María Varela que veu  contarlle aos nenos de 6°, a súa experiencia como trasplantada de corazón, hai xa case 15 anos.

María falounos do importante que é doar órganos para regalar vida e como podemos facernos doantes ademais de contarnos casos reales que ela coñece. Foi unha charla moi distendida na que os alumnos poideron dar resposta ás súas dúbidas xa que, María a parte de vivilo en primeira persoa, é unha verdadeira erudita na materia e un exemplo de superación.

Moitas grazas María!!!

Collage 2019-06-18 15_29_52

Advertisements