Aventura Pirata… e Maios!!!!!

Os alumnos/ de 5º EP seguen a traballar co seu libro de piratas. Esta vez atoparon un verdadeiro tesoro, formado por pedras preciosas, zafiros, esmeraldas… Pero o máis significativo é un medallón moi especial. Por iso, estiveron a deseñar e fabricar o seu propio medallón, primeiro fixeron o deseño e logo puxéronse a traballar. O resultado maravilloso, malia que todavía non están rematados, falta pintalos.

Pero ademáis e aproveitando que no colexio imos celebrar os “Maios” quixeron relacionar este proxecto coa tradición galega citada. Deste xeito o seu Maio está formado por un libro, o mundo e máis un barco, que representan as aventuras que os nosos piratas viven surcando os mares e que eles tamén están experimentando.

Parabéns, unha idea fantástica!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.