Biblioteca

Os nenos de 6° realizaron hoxe na biblioteca, uns carteis de animación á lectura que colocaron decorando as paredes.

Collage 2019-05-29 13_25_12

DONAS DE SI. Violeta Bernardo

Hoxe recibimos no colexio a visita da artista Violeta Bernardo. Escultora, pintora e antiga mestra no noso centro, falou cos nenos de 6° sobre a súa obra e traxectoria. Obra moi recoñecida no mundo enteiro ya que as súas pezas foron expostas en museos de París ou La Haya entre outros.

Violeta reivindicou tamén o papel da muller no mundo das artes, moitas veces pouco recoñecido.

Collage 2019-05-22 11_59_20

 

Aventura Pirata… e Maios!!!!!

Os alumnos/ de 5º EP seguen a traballar co seu libro de piratas. Esta vez atoparon un verdadeiro tesoro, formado por pedras preciosas, zafiros, esmeraldas… Pero o máis significativo é un medallón moi especial. Por iso, estiveron a deseñar e fabricar o seu propio medallón, primeiro fixeron o deseño e logo puxéronse a traballar. O resultado maravilloso, malia que todavía non están rematados, falta pintalos.

Pero ademáis e aproveitando que no colexio imos celebrar os “Maios” quixeron relacionar este proxecto coa tradición galega citada. Deste xeito o seu Maio está formado por un libro, o mundo e máis un barco, que representan as aventuras que os nosos piratas viven surcando os mares e que eles tamén están experimentando.

Parabéns, unha idea fantástica!!!

This slideshow requires JavaScript.

 

DONAS DE SI. Alice Guy

Os alumnos de 5° e 6° participamos hoxe, nunha das actividades do Concello programadas para a semana das Letras Galegas.

Esta actividade chámase “Cinema de historias. Alice Guy, a nai do cinema” e está integrada en “Vivas e Visibles”, o Programa Municipal de igualdade.

A través da narradora Raquel Queizás e da visualización de cinema mudo, coñecemos a figura doutra pioneira: Alice Guy, muller adiantada ao seu tempo xa que foi a primeira persoa en dirixir unha película de cinema. Alice dirixiu e protagonizou moitas metraxes e foi a nai da cor xa que cun pincel ía pintando os fotogramas para darlle cor ás imaxes.

Todo un exemplo de superación que non foi  recoñecido como se merece  xa que, moitos dos seus logros foron adxudicados a homes da época.

Collage 2019-05-07 11_29_57

Celia, unha xoia!!!!

A nos compañera Celia, acaba de recibir un premio no concurso ” Debuxa unha xoia”.

Trátase dunha pulseira que representa películas que viu coa súa nai. Parabéns!!!!!

Velaquí a tedes!!!

Menuda artista, menuda xoia…!!!!

Aventura Pirata!!!!

Serán capaces os nosos aventureiros de descubrir o tesouro????

Os piratas de 5º deben resolver os enigmas para atopar o tesouro e conseguir os doblóns para continuar subindo de nivel. Xa son oficiais de primeira, pero teñen que acadar o grao de capitán. Esta é unha boa ocasión para sumar puntos. Sopa de piratas, Crucipirata, Continúa a aventura, Emparella as frases, Descubre as palabras segredas e Lembra as rutas, son as probas que deben resolver. Que pasará, serán capaces???

This slideshow requires JavaScript.