DONAS DE SI. Contacontos

Hoxe recibimos no colexio a Quique e Tania que nos veñen a falar da oceanógrafa galega Ángeles Alvariño.

Mediante o conto que nos contou Quique e unha fantástica ilustración feita por Tania, coñecemos un pouquiño máis os logros desta importante muller recoñecida mundialmente pola súa labor científica: descubriu 22 especies mariñas e publicou varios libros de divulgación.

Foi unha actividade moi divertida na que os alumnos puideron facer unha caricatura de Àngeles Alvariño, eso sí, axudados por Tania, a ilustradora.

Moitas grazas Quique e Tania!!

Collage 2019-04-29 12_37_15

Aventura Pirata!!!

Durante estas últimas semanas os nosos piratas estiveron a traballar moi duro, pero que moi duro…

O tempo non foi o adecuado e  mentras navegaban polos mares do sur tiveron que construir un novo barco.

Velaquí os resultados. A custión é, flotará ou afundirá???

Educación Vial

Hoxe pola mañá os alumnos de 5° e 6° de primaria participaron nunha actividade de educación vial, no colexio Fray Luis de Granada, organizada pola asociación Club Clásicos de Sarria en colaboración coa DXT.

20190402_184646

Visita o teu super

O venres 29 de marzo os nenos/as e 5º de EP visitaron un supermercado da súa contorna para realizar unha actividade matemática. Traballaron contidos como a capacidade, o manexo do diñeiro ou porcentaxes. No seguinte enlace podedes observar todo o que fixeron contado por eles mesmos.