Convivencia 5º e 6º EP

Hoxe, mércores 27 de marzo oas alumnos/as de 5º e 6º realizaron unha convivencia para coñecerse mellor. Fixeron diferentes actividades como unha “tea de araña” de presentación ou un debuxo cooperativo do recreo como espazo de convivencia. Ao remate levaron a cabo unha reflexión na capela, aproveitando este tempo litúrxico no que nos atopamos para abrir os seus corazóns aos demais.