Semana da prensa

A semana do 11 ao 15 de marzo celébrase a semana da Prensa, por iso en 5º EP fixemos varias actividades ademais do traballo semanal co xornal. Entre elas destacamos as seguintes:

Titulares

Nesta actividade os rapaces leron varias noticias e puxéronlles un titular. Logo vimos cal era o titular que tiñan no xornal, nalgúns casos eran moi similares, mentras que noutros non. Os diferentes puntos de vista deron lugar a distintos titulares, todos válidos.

Tamén aproveitamos unha noticia do periódico na que se falaba do cambio climático para, xunto cunha imaxe, realizar unha rutina de pensamento sobre o tema: Vexo-Penso-Pregúntome…