Naturais 6°

Así quedaron os traballos sobre a anorexia, que fixeron os alumnos de 6°.

Advertisements

Convivencia 5º e 6º EP

Hoxe, mércores 27 de marzo oas alumnos/as de 5º e 6º realizaron unha convivencia para coñecerse mellor. Fixeron diferentes actividades como unha “tea de araña” de presentación ou un debuxo cooperativo do recreo como espazo de convivencia. Ao remate levaron a cabo unha reflexión na capela, aproveitando este tempo litúrxico no que nos atopamos para abrir os seus corazóns aos demais.

Naturais 6°

Os alumnos de 6° están a facer un traballo de investigación sobre unha enfermidade que afecta a moitos mozos e mozas: a anorexia. Hoxe subimos á biblioteca para consultar información sobre o tema e comezar coas primeiras ideas.

20190320_125039

Semana da prensa

A semana do 11 ao 15 de marzo celébrase a semana da Prensa, por iso en 5º EP fixemos varias actividades ademais do traballo semanal co xornal. Entre elas destacamos as seguintes:

Titulares

Nesta actividade os rapaces leron varias noticias e puxéronlles un titular. Logo vimos cal era o titular que tiñan no xornal, nalgúns casos eran moi similares, mentras que noutros non. Os diferentes puntos de vista deron lugar a distintos titulares, todos válidos.

Tamén aproveitamos unha noticia do periódico na que se falaba do cambio climático para, xunto cunha imaxe, realizar unha rutina de pensamento sobre o tema: Vexo-Penso-Pregúntome…