Saída cultural

Aquí vos deixamos as fotos das nosas  visitas á Voz de Galicia e ao MUPEGA.

20190228_161044

Advertisements

Donas de Si. Rosalía de Castro

Os alumnos de 6° de E.P prepararon unha presentación do poema de Rosalía ” Adiós ríos, adiós fontes”. Por grupos prepararon unha parte do poema e logo recitárono todos xuntos.

20190226_111313

20190226_112804

 

Aventura Pirata!!!!

Esta semana toca ascender de nivel!!!

  • Cantos puntos tedes???
  • Quen resolverá axeitadamente a próxima proba????
  • Cantos puntos obteredes???
  • Chegarán para subir de nivel???

Mirade o que teño preparado para aqueles que o consigan!!!

Ánimo, piratas!!!

Día de Rosalía, 24 de febreiro

Os alumnos/as de 5º E.P. fixeron un traballo para conmemorar o día de Rosalía que é o vindeiro 24 de febreiro. Investigaron e recolleron información sobre a súa vida e obras. Logo seleccionaron o máis importante para facer un texto. Transformaron o texto nunha poesía e finalmente decidiron recitalo a ritmo de Rap. Este foi o resultado. Parabéns!!!

DONAS DE SI. Rocío López Núñez

Hoxe recibimos a visita da escritora Rocío López Núñez, autora de ” Ladrona de vidas”ou ” Nunca fuimos buenos”, entre outros títulos.

A escritora mantivo unha charla distendida cos alumnos que aproveitaron para preguntarlle polos seus comezos no mundo literario, os seus libros favoritos, o seu modelo a seguir e moitas más questións polas que mostraban interese.

Rocío faloulles tamén do importante que é loitar polos nosos soños xa que, pasiño a pasiño e traballando polo que queremos, todo se pode conseguir.

Moitas grazas Rocío!!

 

DONAS DE SI. Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

MUJER CIENCIA

O 11 de febrero celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. Os alumnos de 6º coñecen hoxe a unha das primeiras mulleres científicas da historia: Hipatia de Alejandría.

Nacida no siglo IV , foi filósofa, matemática e astrónoma nunha época na que a muller non tiña acceso á cultura. Realizou importantes contribucións á ciencia nos campos das matemáticas e da astronomía e entre as súas aportacións podemos destacar a mellora do astrolabio ademais da confección dun planisferio celeste, e un hidroscopio para pesar os líquidos.

20190214_094716

Aventura Pirata!!!

 

 

 

This slideshow requires JavaScript.

A aventura xa empezou. Os grumetes de 5º teñen que realizar distintas probas para ganar doblóns, esta semana estiveron a realizar unha proba de comprensión lectora: “Atrapa o gazapo”. Con esta proba obtiveron algo moi especial, un compás que empregarán para resolver o reto da vindeira semana. Para resolver esta proba empregamos unha dinámica de traballo cooperativo, 1, 2, 4…

Traballaron estupendamente, de xeito individual, en parellas e en grupo. Aquí vos deixo as imáxenes. Parabéns!!!