DONAS DE SI

Aquí temos o resultado da investigación realizada polos alumnos de 6°, sobre algunhas das mulleres galegas que fixeron e fan historia, ademais de ser un referente en campos como a cultura, a ciencia ou o deporte.

Mulleres destacadas como:

A novelista EMILIA PARDO BAZÁN.

A periodista e pioneira do feminismo CONCEPCIÓN ARENAL. 

A gran matemática MARÍA WONENBURGER

A primeira astrónoma galega ANTONIA FERRÍN MOREIRAS

A pintora MARUJA MALLO

E no mundo do deporte:

A xogadora de balonmán BEGOÑA FERNÁNDEZ, a futbolista VERÓNICA BOQUETE,  en hockey a xogadora CRISTINA FERNÁNDEZ, a regatista TÁMARA ECHEGOYEN e a primeira futbolista española IRENE GONZÁLEZ BASANTA.

Aventura Pirata!!!!!

 

 

This slideshow requires JavaScript.

Comezamos a nosa aventura co pirata Barracuda e a súa tripulación…

Os piratas de 5º de EP quixeron zarpar con eles. Aquí os tedes!!!!!

DONAS DE SI

Os alumnos de 6º de E.P están a traballar nun proxecto sobre a importancia das mulleres ao longo da nosa historia. Mulleres da contorna, galegas, europeas…en definitiva mulleres do mundo que deixaron pegada e foron ou son pioneiras no desenvolvemento da nosa sociedade.

20190124_103926

DONAS DE SI

Na clase de relixión os alumnos de 6º de E.P coñeceron un pouco máis a unha muller que adicou toda a súa vida a traballar cos máis desfavorecidos do planeta: Teresa de Calcula, que foi premiada co Nobel da Paz en 1979.

Un grupo de alumnos fixo un traballo de investigación sobre a súa adicación aos demais.

teresa de calcuta

TEATRO

O pasado mércores 9 de xaneiro os alumnos de 5° e 6° de E.P acudiron ao auditorio Gustavo Freire, para ver a obra de teatro en inglés”Tarzán”, protagonizada pola compañía de teatro Face2Face Theatre CO.

Os alumnos poideron participar activamente nesta obra tan divertida.

screenshot_20190113-180239_chrome