Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de E.P. sementaron o mes pasado diferentes plantas sin saber o que eran. As plantas brotaron e nas seguintes fotografías podedes comprobar como medraron.
Durante este tempo e ata que remate a actividade teñen que observar, investigar… e mesmo medir canto medran, rexistrando todos os datos.
Xa falta pouco para que remate a actividade, xa que terán que tentar averiguar que planta foi a que sementaron.
Por fin conseguiron saber que era o que plantaron, tomate, leituga, berenxena, pemento e puerro.
Agora é preciso transplantalo á horta, para que medren e den froito. Bo traballo!