FELICESVACACION_SummerTreatsRemata o curso para 5º e 6º despois dun ano de moito traballo e diversión. Os alumnos de 5º seguirán un ano máis sendo protagonistas deste espacio, pero os de 6º comezan unha nova etapa en secundaria, que seguro que será polo menos igual de boa que ata agora. Gracias por ser como sodes, seguide así de alegres e bos compañeiros e visitádenos cando queirades 🙂

 

Guardar

Concurso

Como podedes lembrar, a nosa alumna María Garañana de 5° de E.P, resultou finalista no concurso “Deseña unha xoia para a túa nai”. Hoxe recibiu o seu diploma e algún que outro agasallo.

IMG-20160609-WA0008

Night mosaic

Os alumnos de 6º fixeron este estupendo traballo en plástica. Foi un proxecto colaborativo no que traballaron a obra de Van Gogh, a reciclaxe e a técnica do mosaico. O resultado foi espectacular, e pensamos que merece a pena que todo o mundo poida velo, así que está exposto no corredor para que o disfrutedes. No vídeo podedes ver todo o proceso.