A mellor maneira de aprender.

Os alumnos de 6º puxeron en práctica o aprendido neste tema de Ciencias da Natureza dunha maneira moi práctica e que lles serviu para dar os seus primeiros pasos no método científico. Foi unha experiencia moi positiva na que eles tiveron o protagonismo dende o primeiro momento e ata o final. Escolleron o material necesario para os seus experimentos, organizaron o traballo de forma cooperativa, nos seus equipos habituais, realizaron os experimentos observando, tomando notas, facendo fotos e discutindo entre eles o que crían que podía ocorrer, e por último amosaron aos compañeiros as fotos de todo o proceso e os resultados das súas experiencias. Falaron de cambios de estado, separación de mesturas, cambios físicos e químicos, productos e reactivos… e demostraron moitas cousas: capacidade de organización, compañeirismo, bo razoamento… noraboa a todos!

Aquí tedes un resumo do seu gran traballo:

Click to play this Smilebox slideshow