Fin de curso para 5º

Despois de tanto traballo, chegan as vacacións do verán e o paso de curso.

FELICES VACACIÓNS DE VERÁN E ATA O VINDEIRO CURSO2014-06-20-348 2014-06-20-349

 

 

Advertisements

Remata o curso

Chegou o día. Os alumnos de 6º abandonan o piso e a etapa para comezar unha nova aventura, pero sempre estarán con nós. Eles estrenaron iste blogue e foron protagonistas de moitas historias. Xuntos traballamos, experimentamos, viaxamos, vivimos experiencias novas, e sobre todo divertímonos moito… por iso queremos desexarvos o mellor e lembrarvos que seguiremos aquí para o que precisedes. Para nós, sempre seredes especiais, así que…
ImageChef.com - Obtener Código para Facebook, Hi5, Orkut, MySpace & más.

Noraboa!!!!!!!!!!!!!

Levamos dende novembro traballando no proxecto “Recíclate con Sogama”. Durante este tempo, aprendimos cousas novas, como a facer compost ou que algúns obxectos de plástico non van a o contedor amarelo, organizamos a recollida de lixo de todo o centro, fixemos manualidades de todo tipo con materiais de refugallo, tentamos explicar aos máis pequenos como se separa axeitadamente… e por fin, o noso traballo deu o seu froito. Despois de 6 meses de competición con centros de toda Galicia…

gañamos o 2º premio do proxecto!!

Os alumnos do 3º ciclo fixeron un estupendo traballo, pero non queremos olvidar ao resto da comunidade educativa, os demáis cursos que fixeron actividades, as familias que axudaron a xuntar materiais de refugallo e participaron nas enquisas e todos os profesores que dun xeito ou outro colaboraron neste proxecto. Moitas grazas a todos e noraboa aos alumnos de 5º e 6º.