Por fin! 1º vídeo da excursión

Aquí tedes o primeiro vídeo da excursión. Grazas pola cantidade de visitas que nos fixestes estes días, sabemos que estades desexando ver aos vosos fillos en acción.

 

Advertisements

Imos de excursión!!!!!!!!

Saímos camiño de Portugal hoxe ás 9 da mañá e non voltaremos ata o venres ás 8, así que se queredes saber de nós, visitade este blogue e a páxina do cole, tentaremos tervos o máis informados que sexa posible das nosas aventuras.

Circuitos eléctricos en 6º

Que mellor forma de entender un circuito eléctrico que facer un. Os alumnos de 6º amosaron que entenderan perfectamente o explicado na clase poñendo en práctica os seus coñecementos sobre a estructura dun circuito e o seu funcionamento. A única pena foi non ter máis tempo para comprobar do que serían capaces.

Premede na imaxe para ver os seus traballos.circuit