Festa de entroido no colexio.

Aquí tedes dúas presentacións de fotos cos mellores momentos da festa de Entroido do 3º ciclo. Na primeira, a festa temática que fixemos pola mañá adicada aos superheroes. Pola tarde, os alumnos de Primaria viñeron disfrazados do que eles quixeron e pasamos unha tarde de baile moi divertida. Non o perdades!

pola mañapola tarde

Advertisements

O blogue cumpre 1 ano!!!

Hoxe hai un ano que comezamos esta experiencia. Queremos dar a grazas a todos os que nos visitan e enriquecen cos seus comentarios, principalmente os alumnos do 3º ciclo e as súas familias. Nós seguiremos traballando igual para ofrecervos todo o que pode ser do voso interese, e esperamos que nos sigades visitando e comentando polo menos como ata agora. Grazas!

birthday8

As receitas de 6º

receitas de 6º

Os alumnos de 6º trouxeron á clase as súas mellores creacións culinarias como parte dunha actividade de Lingua Castelá. Escribiron as receitas, elaboráronas e explicáronas na clase. Despois, a mellor parte: saborealas entre todos. Os profes tamén as probamos e queremos darlles a noraboa polo seu bó traballo. Todo estaba delicioso!