Riscos de internet

A nosa orientadora colgou na páxina do colexio un enlace moi interesante sobre os perigos das redes sociais. Aquí vos deixo un acceso para que o visitedes. E importante que sigades os consellos que se vos dan, xa que estades empezando a entrar nun mundo descoñecido no que moitas veces as cousas non son o que parecen.

deaquinopasas

Advertisements

Os alumnos do 3º ciclo constrúen o seu territorio

Hoxe asistimos a un obradoiro sobre desenvolvemento sostible organizado pola asociación ecoloxista ADEGA. Foi unha experiencia moi positiva, na que aprendemos cousas tan interesantes como o impacto visual na paisaxe ou algunhas especies vexetais invasoras que hai actualmente en Galicia. Construímos por grupos un pobo imaxinario no que tentamos poñer todo o necesario para vivir ben e de forma sostible. O primeiro intento non estivo mal, pero logo das explicacións de Anxo, o monitor, fomos capaces de mellorar o noso pobo para facelo máis bonito e, sobre todo, máis respectuoso co medio ambiente. Moitas grazas á asociación polo seu labor.
Aquí podedes ver o noso traballo:

http://issuu.com/tereteretere/docs/6____constr__e_o_seu_territorio

http://issuu.com/tereteretere/docs/5____constr__e_o_seu_territorio