The three wishes

E por fin, despois de varios problemas técnicos, aquí tedes o vídeo da obra de teatro en inglés “the three wishes” que interpretaron os alumnos de 6º. A actuación non puido sair mellor, así que noraboa a todos e todas polo voso traballo, e que saibades que os profes da ESO nos pediron outro pase para a semana que ven. Tamén queremos dar as gracias a Clara, a alumna de prácticas, polas súas iniciativas e axuda.

3wishesb

E se queredes ver fotos da representación, premede na imaxe

Advertisements

Xogando ao xadrez

Agora, cando chove no recreo, os alumnos de 6º xogan ao xadrez para pasar o rato. Estase a crear unha grande afición, e os alumnos que máis saben axudan aos demais, así todos poden disfrutar deste xogo tan entretido.

P1030011P1030012P1030013

 

 

 

P1030023P1030018P1030022

Imos de excursión!

Se alguén pregunta polos alumnos do 3º ciclo, hoxe non andamos polo colexio, estamos de excursión. Imos pasar o día xuntos, viaxando en catamarán polos canóns do Sil, e ademáis visitaremos unha bodega e a alfarería de Gundivós. En canto voltemos, poñeremos aquí unhas fotos para que vexades todo o que fixemos e o ben que o pasamos.