Por fin, despois de tanto traballo, estamos rematando os nosos libros desplegables. A experiencia foi un éxito e os alumnos e alumnas de 5º aprenderon unha nova técnica que lles poderá ser moi útil en outros traballos. Aquí tedes o resultado:
Arquivo por meses: Abril 2013
Presentamos os traballos
Saída cultural. Teatro e pintura.
Hoxe, os alumnos/as do terceiro ciclo participaron nas actividades que organiza Nova Caixa Galicia para eles.
Visitamos unha exposición de autores galegos.
A través de pistas que atopamos no percorrido, aprendemos características de pintores como Tino Grandío ou Xaime Quessada.
Logo pasamos ao obradoiro e alí fixemos entre todos a Rosiña, a personaxe que faltaba na exposición. Quedounos ben, non?
A obre de teatro foi divertidísima, e ademais, un dos nosos compañeiros saiu ao escenario. Védelo?